Bienvenido visitante nº

mod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_countermod_vvisit_counter
mod_vvisit_counterHoy52
mod_vvisit_counterAyer128
circuito galego xa, 1 kB
Inicio arrow Noticias arrow Últimas arrow II Vespa Lacón
II Vespa Lacón PDF Imprimir E-Mail
lunes, 15 de febrero de 2010
Boas!
O vindeiro 21 de febreiro celébrase en Cuntis (Pontevedra) a Festa Gastronómica do Lacón con Grelos. Aproveitando a festa, os amigos do ScutreClú en colaboración coa Concellería de Cultura e o Concello de Cuntis, organizamos o II VESPALACÓN, concentración de Vespas e Lambrettas

Xa sabedes, se tendes unha Vespa ou Lambretta do ano que sexa (haberá motos dos anos 50 e do século XXI) estades convidados a asistir á concentración.

O ano pasado fomos máis de un cento de amigos e amigos de amigos... e este ano contamos con todos vós igualmente! Agardamos mellorar todo o que era mellorable o ano pasado coa vosa axuda!

Coma sempre... INSCRIPCIÓN É LIBRE e GRATUÍTA. Haberá unha pequena ruta pola zona con escolta e coche escoba, pincho intermedio (novidade fronte ó ano pasado!), agasallos para os clubes asistentes sorteo para os participantes.

O que queira quedar a comer (que seguro que o corpo agradece algo quentiño despois do percorrido...) cos amigos e/ou a familia, únicamente terá que pagar a comida (lacón con grelos, filloas e viño), o prezo do menú son 10€. 

Xa sabedes, se queredes sacar o scooter a relucir no mes de febreiro, en Cuntis recibiremos a todo quisque cos brazos abertos e un anaco de lacón

¡¡Coma o ano pasado podes vir coa familia que hai actividades para todo o mundo dentro das actividades da festa!!
Para ampliar a información e consultar o programa da xuntanza e da festahttp://www.vespalacon.com
¡¡Para axilizar a inscripción facilitaremos na páxina web ó longo desta semana o documento da inscripción, e o que o desexe xa o traia cuberto e firmado!!

Adxunto remitimos o cartel da xuntanza, por si lle queredes dar publicidade ou simplemente poñelo en coñecemento dos moteiros da vosa zona.

Unha aperta e gracias pola atención!

ScutreClú, organización do VespaLacón
--
Modificado el ( sábado, 13 de marzo de 2010 )
 
< Anterior   Siguiente >
© 2010 Motoclub
www.motoclubfojeteiros.com